A voz universal de Rosalía: un berro galego contra a opresión dos pobos

“Mentres a historia sígana escribindo malvados vencedores, as voces do pobo seguirán resistindo a través da voz do poeta” Artigo de Carmen Parejo

Durante os séculos XVI, XVII e XVIII, prodúcese o que se coñece como os Séculos Escuros, séculos onde a dominación da lingua castelá baleiraran a tradición galaica condenándoa ao ostracismo. Do mesmo xeito que ocorreu cos demais pobos que compoñían esa tímida España (en canto a construción de proxecto sólido) que xogaba a ser un proxecto actual mentres mantiña valores propios doutros tempos.

A mediados do século XIX, o proxecto de clase da Unidade de España estaba en plena efervescencia. A lingua elixida pola clase dominante como elemento de construción do seu proxecto era o castelán, que pasou como é habitual a ser a lingua preponderada e como toda lingua de dominación, tamén a lingua culta e de referencia.

Lonxe quedaban as cantigas galaico-portuguesas, lonxe toda a tradición oral dos pobos… lonxe todo o que puidese facer lembrar que existía unha realidade diferente aos plans da clase dominante e o seu intento de construción dun Estado Moderno que se construía na negación histórica, a represión e o sometemento das clases populares.

É así como xurden movementos de procura da tradición roubada. Un camiño que enfrontou ao castelán preponderado nas cidades e pola burguesía, co galego que se mantiña nas zonas rurais, campesiñas, expulsada dos referentes literarios e dos ambientes culturais da burguesía.

O Rexurdimentu busca durante todo o século XIX devolver a identidade subxectiva que marcaba as condicións obxectivas do pobo galego a través da lingua roubada polos intereses da clase dominante.

Ante un proxecto de clase baseado na dominación dos pobos, a reivindicación da lingua, da cultura e deses mesmos pobos sometidos, converteuse nun elemento de resistencia e loita de clases.

Cantares Gallegos: de Voz colectiva a berro universal

A procura do espírito dos pobos percorría Europa. Pero, como era o pobo galego de mediados do século XIX?

Rosalía nace filla de natural dun sacerdote e unha nai solteira. Durante a súa infancia e primeira mocidade, deambula de coidador en coidador, madriña, tías, a súa nai… pouco a pouco, a súa deambular faia unha boa observadora da paisaxe dunha Galicia dividida polo rural e o urbano, pola miseria e o luxo, polo sobrevivir e a emigración.

Cantares Gallegos considérase a obra cume do Rexurdimentu pleno, unha voz colectiva percorre o libro desmontando mitos, reivindicando a un pobo galego caricaturizado polo pensamento dunha España colonizadora e dunha burguesía local cómplice coa dominación.

A emigración forzosa, froito de lexislacións que empobreceron a Galicia durante séculos, forza aos segadores galegos a unha huída aos campos de Castela, onde como aínda segue ocorrendo, xente da herba mala (que diría Hernández no seu Vientos del Pueblo) aproveitan a situación de necesidade dos outros. A visión ante o horror convértese na obra da poeta en berro social e universal que aparece de forma clara e contundente en poemas como Castelá de Castela ou Casteláns de Castela.

“Mais en tanto non mátame, casteláns que aborrezo, hei, para vergonza, heivos de cantar xemendo:Casteláns de Castela, tratade ben ós galegos: cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros! “

Casteláns de Castela

O Rexurdimentu é un movemento político máis aló da conciencia nacional no sentido burgués, é conciencia de clase, como testemuña o Banquete de Conxo (1856), encontro entre obreiros, artesáns e estudantes, onde estes últimos (fillos de familias podentes) exerceron de camareiros dos demais en acto simbólico en Santiago e que foi apadriñado por personalidades craves do movemento como Aurelio Aguirre ou Eduardo Pondal, e coa máis que probable presenza de Rosalía como comensal. Este acto, quizais desde a perspectiva actual entendido como infantil por simbólico, poñía en xaque a hipocrisía da sociedade do momento e deixaba clara as intencións dun movemento que ía máis aló da recuperación dun sentimento nacional perdido.

É neste contexto e coa influencia doutro escritor e político galego como Manuel Murgía, con quen Rosalía casaría en 1858, cando nace esta primeira obra que vai máis aló do sentimento rexionalista, máis aló da poesía amorosa, máis aló da poesía intimista e máis aló do social, unha obra que crea unha voz colectiva do pobo galego que se fai internacional na loita de clases.

Tamén cultivou e cultivounos na prosa, no prólogo de A filla do Mar reivindícase “contra a vulgar idea de que a muller só serve para os labores domésticos”; e mentres denuncia o abuso e a situación das mulleres da súa época, debúxanos o mar, a vida mariñeira da Galicia que se perde no fin da terra, en Muxía, en Finisterre.

Pero como Rosalía era poeta e poetisa, galega e universal, a súa única obra poética en castelán En las orillas del Sar, marcaría o que será referente literario da poesía simbolista de finais do século XIX, influenciando a autores como Gustavo Adolfo Bécquer, traducida ao inglés, francés, alemán, ruso e mesmo xaponés e sendo estudada como elemento crave daquel volskgeist (ou espírito do pobo), que se presentaba como procura insaciable de comprensión dunha época.

Mentres a historia sígana escribindo malvados vencedores, as voces do pobo seguirán resistindo a través da voz do poeta. Grazas, Rosalía.

Artículo: Carmen Parejo

Traducción: Rebeca González

(Visited 87 times, 1 visits today)

One thought on “A voz universal de Rosalía: un berro galego contra a opresión dos pobos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *