*Artículo edición bilingüe: primero texto en Galego; después versión en castellano. 

Xosé Ramón Reboiras Noia, máis coñecido entre os seus paisanos como Moncho Reboiras, nace no Concello de Dodro, no seo dunha familia labrega, o 19 de xaneiro de 1950.

Xosé Ramón Reboiras Noia, máis coñecido entre os seus paisanos como Moncho Reboiras, nace no Concello de Dodro, no seo dunha familia labrega, o 19 de xaneiro de 1950.

Con 9 anos trasládase a Vigo, xunto ó seu irmán Manuel e os seus pais, que cos seus aforros conseguen abrir un pequeno negocio de hostalaría. Ámbolos dous irmáns axudan á súa nai a leva-lo negocio, o que lles permite entrar en contacto co ambiente eminentemente proletario da zona, como así se vía reflectido na propia clientela do bar.

A adolescencia de Moncho coincide coa fundación, en 1964, da Unión do Povo Galego (UPG), da que máis tarde será un destacado dirixente. Ó ano seguinte, o 10 de marzo, contando Moncho con 15 anos de idade, sería asasinado pola Guardia Civil Española o último guerrilleiro activo da resistencia armada antifascista e antifranquista: José Castro Veiga, alias “O Piloto”, militante do Exército Guerrilleiro da Galiza, feito que tería gran impacto no xoven Reboiras.

Moncho

Cartaz da UPG coa imaxe de Moncho

Xa na segunda metade da década dos 60, un cura xesuíta, o Padre Xaime Seixas, introduce a Moncho no ambiente progresista e cultural galego. Estamos nunha época ascendente no que a loitas obreiras e populares se refire, ata o punto de que en 1969 o Réxime Franquista declara o estado de excepción.

Nese mesmo ano, Moncho e o seu irmán entran na UPG, daquela, aínda que de matriz marxista, cunha composición maioritariamente pequeno-burguesa e un discurso nacionalista e interclasista.

Moncho comeza o seu activismo en tarefas de captación de novos militantes e propaganda, mostrándose desde o primeiro momento coma un militante totalmente entregado. Grazas ós seus grandes dotes de organización e dirección, e máis ó seu firme compromiso ideolóxico, conseguirá dar un xiro político á propia UPG.

Xa na súa etapa universitaria, co marxismo como ferramenta, Moncho toma conciencia da opresión nacional que sofre Galiza e o propio pobo traballador galego. Mentres estuda na Escola de Inxeniería Industrial de Vigo, incorpora con decisión e sen complexos, ás reivindicacións do movemento estudantil, a defensa intransixente da lingua galega.

Finalizados con éxito os seus estudos universitarios, comeza a realizar prácticas de inxeniería no estaleiro Barreras, de onde pronto será expedientado e expulsado debido ó seu compromiso militante e de axitación/propaganda.

Moncho participará activamente na histórica folga xeral de 1972 en Vigo, no mes de setembro, precedida á súa vez por outro gran paro xeral en Vigo e Ferrol, en marzo dese mesmo ano, en protesta polo asasinato de Amador Rey e Daniel Niebla, traballadores dos estaleiros Bazán, por disparos da Policía Armada.

Moncho

Amador Rey a Daniel Niebla, asasinados durante as movilizacións de marzo de 1972

Entre 1972 e 1975, Moncho será o paradigma dunha heroica, abnegada e entregada xeración de militantes pola liberación nacional e a autodeterminación que, malia a súa precariedade e a falta de medios humanos, sentará as bases que permitirán continuar con vida ó proxecto da esquerda revolucionaria e independentista galega.

Mentres teñen lugar as grandes loitas obreiras de 1972, a UPG, con Moncho á cabeza, camiña con firmeza para transformarse nunha organización revolucionaria e comunista. Neste estado de cousas, o Partido impulsa a creación de frontes de intervención, para facilitar a súa expansión territorial e a súa introducción no seo da clase obreira, sumándose así a unha xa desenvolvida asociación cultural en defensa da lingua e a cultura nacional galega.

En maio de 1975, só tres meses antes do asasinato de Moncho, a UPG promove a constitución dunha plataforma política interclasista, con vocación de servir de instrumento para un proceso superador do Franquismo e que camiñe cara á autodeterminación, coñecida como Asamblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), a cal, ó mesmo tempo, será xerme doutras iniciativas na mesma liña, coma o Sindicato Obreiro Galego (SOG), as Comisións Labregas (CCLL) ou o movemento estudantil ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos).

 

A viraxe revolucionaria da UPG

O traballo de Moncho foi fundamental no proceso de proletarización da UPG, así coma na introducción no activismo revolucionario do movemento de liberación nacional. Así, durante a súa estancia na Coruña, a comezos do verán de 1973, será co-autor dun importante documento político, embrión do que posteriormente dará lugar ó mencionado SOG (Sindicato Obreiro Galego), antecedente da actual CIG (Confederación Intersindical Galega).

Moncho tivo, do mesmo xeito, un papel esencial na creación da estructura da UPG en diferentes rexións da Galiza. Chegou a converterse, ademáis, nun gran experto na loita clandestina e na arte da conspiración, amosando unha gran habilidade para non ser atrapado polos aparatos represivos do Réxime, especialmente, daquela, pola temida Brigada Político-Social.

Como membro do Comité Central e do Comité Executivo da UPG, xa desde comezos do ano 1972, Moncho dedicouse plenamente á loita revolucionaria, organizando núcleos e grupos de apoio en diferentes puntos da Galiza.

Igualmente, no aspecto internacionalista, Moncho erixiuse coma un dos artífices no establecemento das relacións internacionais da UPG na década dos 70. Destaca neste sentido a chamada Carta de Brest, un conxunto de documentos inicialmente asinados conxuntamente co Movemento Republicano Irlandés e a Unión Democrática Bretoa, ós cales unirianse máis adiante outras organizacións vascas, galesas, catalanas, etc. En xeral, pequenas nacións que apostaban pola constitución dun Estado independiente de orientación socialista.Moncho

Moncho e a loita armada

Moncho sempre insistiu na necesidade de complementar a loita de masas coa formación dunha estructura militar, co fin de alcanza-lo obxectivo dunha Galiza libre e socialista.

Na liña recollida no especial Terra e Tempo de 1972, cos acontecementos de marzo dese mesmo ano na memoria, xa desde 1974 Moncho considera prioritaria a constitución dunha fronte armada da UPG. Con este fin, demostrando a firmeza revolucionaria das súas conviccións, Moncho participa en varias accións directas: expropiación de fondos (asaltos a bancos en Coruña e Lugo, ou á propia Fenosa, en Vigo), e máis de automóbiles, papel, documentos de identidade, etc. Especial mención merece o asalto e roubo de decenas de miles de documentos de identidade, máquinas de plastificar e selos do Escuadrón Policial de Lugo, acción ésta realizada conxuntamente con outros militantes vascos e portugueses.

Neste intenso período, Moncho chega incluso a ter que mudar de aspecto físico, e de aí a imaxe, en realidade ficticia, que moitos temos del con bigote e un gran volume de pelo.Moncho

Localización e asasinato

A comezos de agosto de 1975, trala detención de tres militantes da UPG e dous de ETA, prodúcese unha ofensiva policial contra a fronte armada, sendo Moncho localizado nun piso clandestino, no barrio de Canido de Ferrol, a noite do 11 de agosto. Ata 300 efectivos da Policía Armada, máis a Brigada Político-Social, cercan o lugar.

Despois de queimar documentación comprometida para a súa organización, Moncho non dubidou en intentar atraer á Policía, permitindo así a fuxida dos seus dous camaradas, Elvira Souto e Lois Ríos. Ámbolos dous, efectivamente, logran escapar saltando por unha xanela do patio interior da casa contigua. Namentres, Moncho, que non vacilou en cubri-la fuxida dos seus compañeiros, foi perseguido durante horas, e finalmente alcanzado, á altura do número 27 da rúa Terra, en Ferrol.

Posto que toda a caterva do Réxime tiña claro que a claudicación non era unha opción para Moncho, e ante o temor e respeto que a súa figura lles transmitía, non puideron máis que reventalo covardemente a balazos, cuestión que máis adiante sería manipulada no respectivo informe forense.

Así, naquela tráxica mañá do 12 de agosto de 1975, era asasinado polo fascismo o máis significativo militante revolucionario da Galiza no último medio século. Porén, como sucedeu no seu día co Che, mataron ó home, mais as ideas permanecen.

Moncho

Moncho no chan, despois de ser asasinado

Moncho Reboiras vive!
Viva Galiza ceive e socialista!

 

——————————————————————————————————————-

Versión en castellano.

Xosé Ramón Reboiras Noia, más conocido entre sus paisanos como Moncho Reboiras, nace en el ayuntamiento gallego de Dodro, en el seno de una familia campesina, el 19 de enero de 1950.

A los 9 años se traslada a Vigo, junto a su hermano Manuel y sus padres, quienes con sus ahorros consiguen abrir un pequeño negocio de hostelería. Tanto Moncho como Manuel ayudan a su madre a llevar el negocio, lo que les permite entrar en contacto con el ambiente eminentemente proletario de la zona, como así se reflejaba en la propia clientela del bar.

La adolescencia de Moncho coincide con la fundación, en 1964, de la Unión do Povo Galego (UPG), de la que más tarde será un destacado dirigente. Al año siguiente, el 10 de marzo, contando Moncho la edad de 15 años, sería asesinado por la Guardia Civil Española el último combatiente activo de la resistencia armada antifascista y antifranquista: José Castro Veiga, alias “O Piloto”, militante del Exército Guerrilleiro da Galiza, hecho que impactará en el joven Reboiras.

Moncho

Cartel de la UPG con la imagen de Moncho

Ya en la segunda mitad de la década de los 60, de la mano de un cura jesuita, el padre Xaime Seixas, Moncho accede al ambiente progresista y cultural gallego. Estamos en una época ascendente en cuanto a luchas obreras y populares se refiere, hasta el punto de que en 1969 el Régimen Franquista declara el estado de excepción.

Ese mismo año, Moncho y su hermano entran en la UPG, por aquel entonces, si bien de matriz marxista, todavía con una composición principalmente pequeño-burguesa y un discurso nacionalista e interclasista.

Moncho comienza su activismo en labores de captación de nueva militancia y propaganda, mostrándose desde el primer momento como un militante totalmente entregado. Gracias a sus grandes dotes organizativas y de dirección, y de la mano de su firme compromiso ideológico, conseguirá dar un giro político a la propia UPG.

Ya en su etapa universitaria, con el marxismo como herramienta, Moncho toma conciencia de la opresión nacional que sufre Galiza y el propio pueblo trabajador gallego. Mientras estudia en la Escuela de Ingeniería Industrial de Vigo, incorpora con decisión y sin complejos, a las reivindicaciones del movimiento estudiantil, la defensa intransigente de la lengua gallega.

Finalizados con éxito sus estudios universitarios, comienza a realizar prácticas de ingeniería en el astillero Barreras, de donde pronto será expedientado y expulsado debido a su compromiso militante y de agitación/propaganda.

Moncho participará activamente en la histórica huelga general de 1972 en Vigo, en el mes de septiembre, precedida a su vez por otro gran paro general en Vigo y Ferrol, en marzo de ese mismo año, en protesta por el asesinato de Amador Rey y Daniel Niebla, trabajadores de los astilleros Bazán, por disparos de la Policía Armada.

Moncho

Amador Rey a Daniel Niebla, asesinados durante las movilizaciones de marzo de 1972

Entre 1972 y 1975, Moncho será el paradigma de una heroica, abnegada y entregada generación de militantes por la liberación nacional y la autodeterminación que, pese a la precariedad y la falta de medios humanos, sentará las bases que permitirán continuar con vida al proyecto de la izquierda revolucionaria e independentista gallega.

Mientras se suceden las grandes luchas obreras de 1972, la UPG, de la mano de Moncho, camina con firmeza para transformarse en una organización revolucionaria y comunista. En este estado de cosas, el Partido impulsa la creación de frentes de intervención, para facilitar su expansión territorial y su introducción en el seno de la clase obrera, que se sumaban así a la ya desarrollada asociación cultural en defensa de la lengua y la cultura nacional gallega.

En mayo de 1975, solo tres meses antes del asesinato de Reboiras, la UPG promueve la constitución de una plataforma política interclasista, con vocación de servir de instrumento para un proceso superador del Franquismo y que camine hacia la autodeterminación, conocida como Asamblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), la cual a su vez será germen de otras iniciativas en la misma línea, como el Sindicato Obreiro Galego (SOG), las Comisións Labregas (CCLL) o el movimiento estudiantil ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos).

El proceso de transformación revolucionaria de la UPG

El trabajo de Moncho fue fundamental en el proceso de proletarización de la UPG, así como en la introducción en el activismo revolucionario del movimiento de liberación nacional. Así, durante su estancia en A Coruña, a principios del verano de 1973, será co-autor de un importante documento político, embrión de lo que posteriormente dará lugar al mencionado SOG (Sindicato Obreiro Galego), a su vez antecedente de la actual CIG (Confederación Intersindical Galega).

Moncho tuvo asimismo un papel esencial en la creación de estructura de la UPG en diferentes regiones de Galiza. Llegó a convertirse, además, en un gran experto en la lucha clandestina y conspirativa, demostrando gran habilidad para no ser atrapado por los aparatos represivos del Régimen, especialmente, en aquel entonces, por la temida Brigada Político-Social.

Como parte del Comité Central y del Comité Ejecutivo de la UPG, ya desde principios del año 1972, Moncho se dedicó plenamente a la lucha revolucionaria, organizando núcleos y grupos de apoyo en diferentes puntos de Galiza.

Igualmente, en el aspecto internacionalista, Moncho se erige como uno de los artífices en el establecimiento de relaciones internacionales de la UPG en la década de los 70. Merece destacarse en ese sentido la llamada Carta de Brest, un conjunto de documentos inicialmente firmados conjuntamente con el Movimiento Republicano Irlandés y la Unión Democrática Bretona, a los cuales se unirían más adelante otras organizaciones vascas, galesas, catalanas, etc.; en general, pequeñas naciones que apostaban por la constitución de un Estado independiente de orientación socialista.Moncho

Moncho y la lucha armada

Reboiras siempre insistió en la necesidad de complementar la lucha de masas con la formación de una estructura militar, de cara a alcanzar el objetivo de una Galiza libre y socialista.

Así, en la línea recogida en el especial Terra e Tempo de 1972, en formato dossier, y con los acontecimientos de marzo de ese mismo año en el recuerdo, ya desde 1974 Moncho considera prioritaria la constitución de un frente armado de la UPG. Con este fin, demostrando la firmeza revolucionaria de sus convicciones, Moncho participa en varias acciones directas: expropiación de fondos (asaltos a bancos en Coruña y Lugo, o a la propia Fenosa, en Vigo), así como de automóviles, papel, documentos de identidad, etc.  Especial mención merece el asalto y robo de decenas de miles de documentos de identidad, máquinas de plastificar y sellos del Escuadrón Policial de Lugo, acción ésta realizada conjuntamente con otros militantes vascos y portugueses.

En este intenso periodo, Moncho llega incluso a tener que alterar su aspecto físico, y de ahí la imagen, en realidad ficticia, que muchos tenemos de él con bigote y un gran volumen de pelo.Moncho

Localización y asesinato

A principios de agosto de 1975, tras la detención de tres militantes de la UPG y dos de ETA, se produce una ofensiva policial contra el frente armado, consecuencia de la cual Moncho es localizado en un piso clandestino, en el barrio de Canido de Ferrol, la noche del 11 de agosto. Hasta 300 efectivos de la Policía Armada, más la Brigada Político-Social, cercan el lugar.

Después de quemar documentación comprometida para su organización, Moncho no vaciló en intentar atraer a la policía, para permitir la huida de sus dos camaradas, Elvira Souto y Lois Ríos. Ambos, efectivamente, logran escapar saltando por una ventana del patio interior de la casa contigua. Mientras tanto, Moncho, que no dudó en cubrir la huida de sus compañeros, fue perseguido durante horas, y finalmente alcanzado, a la altura del nº 27 de la calle Terra, en Ferrol.

Puesto que toda la caterva del Régimen tenía por seguro que la rendición no era una opción para Moncho, y ante el temor y respeto que su figura transmitía, no pudieron más que acribillarle cobardemente a balazos, cuestión que luego sería manipulada en el respectivo informe forense.

Así, en aquella trágica mañana del 12 de agosto de 1975, era asesinado por el fascismo el más importante militante revolucionario de Galicia del último medio siglo. Pero, como sucedió en su día con el Che, mataron al hombre, pero las ideas permanecen.

Moncho

Moncho en el suelo, después de ser asesinado

 

Moncho Reboiras vive!

Viva Galiza ceive e socialista!

Roi García Camino.

*Fuente: “Moncho Reboiras, biografia de um guerrilheiro comunista do nosso tempo”.

 

 

Autor

+ artículos

Responsable de edición y redacción y del Área de Cultura, Memoria y Efemérides.

Galicia.

Editor y miembro del Equipo coordinador de Revista La Comuna