“MENTRES A HISTORIA A SIGAN ESCRIBINDO MALVADOS VENCEDORES, AS VOCES DO POBO SEGUIRÁN RESISTINDO A TRAVÉS DA VOZ DO POETA”

    “Rosalía era poeta e poetisa, galega e universal”

    Texto en Castellano, AQUÍ. 

    Durante os séculos XVI, XVII e XVIII, prodúcese o que se coñece como os Séculos Escuros, séculos onde a dominación da lingua castelá baleiraran a tradición galaica condenándoa ao ostracismo. Do mesmo xeito que ocorreu cos demais pobos que compoñían esa tímida España (en canto a construción de proxecto sólido) que xogaba a ser un proxecto actual mentres mantiña valores propios doutros tempos.

    A mediados do século XIX, o proxecto de clase da Unidade de España estaba en plena efervescencia. A lingua escollida pola clase dominante como elemento de construción do seu proxecto era o castelán, que pasou como é habitual a ser a lingua preponderada e como toda lingua de dominación, tamén a lingua culta e de referencia.

    Lonxe quedaban as cantigas galaico-portuguesas, lonxe toda a tradición oral dos pobos… lonxe todo o que puidese facer lembrar que existía unha realidade diferente aos plans da clase dominante e o seu intento de construción dun Estado Moderno que se construía na negación histórica, a represión e o sometemento das clases populares.

    É así como xurden movementos de procura da tradición roubada. Un camiño que enfrontou ao castelán preponderado nas cidades e pola burguesía, co galego que se mantiña nas zonas rurais, campesiñas, expulsada dos referentes literarios e dos ambientes culturais da burguesía.

    O Rexurdimento busca durante todo o século XIX devolver a identidade subxectiva que marcaba as condicións obxectivas do pobo galego a través da lingua roubada polos intereses da clase dominante.

    Perante un proxecto de clase baseado na dominación dos pobos, a reivindicación da lingua, da cultura e deses mesmos pobos sometidos, converteuse nun elemento de resistencia e loita de clases.

    CANTARES GALLEGOS: DE VOZ COLECTIVA A BERRO UNIVERSAL

    A procura do espírito dos pobos percorría Europa. Pero, como era o pobo galego de mediados do século XIX?

     

    Rosalía nace filla de natural dun sacerdote e unha nai solteira. Durante a súa infancia e primeira mocidade, deambula de coidadora en coidadora, madriña, tías, a súa nai… pouco a pouco, o sei deambular faina unha boa observadora da paisaxe dunha Galiza dividida polo rural e o urbano, pola miseria e o luxo, polo sobrevivir e a emigración.

    Cantares Gallegos considérase a obra cume do Rexurdimento pleno, unha voz colectiva percorre o libro desmontando mitos, reivindicando a un pobo galego caricaturizado polo pensamento dunha España colonizadora e dunha burguesía local cómplice coa dominación.

    A emigración forzosa, froito de lexislacións que empobreceron a Galiza durante séculos, forza aos segadores galegos a unha fuxida aos campos de Castela, onde como aínda segue ocorrendo, xente da mala herba(que diría Hernández no seu “Vientos del Pueblo”) aproveitan a situación de necesidade dos outros. A visión ante o horror convértese na obra da poeta en berro social e universal que aparece de forma clara e contundente en poemas como Castelá de Castela ou Casteláns de Castela.

    “”Mais en tanto non me mata,

    casteláns que aborrezo,

    hei, para vergonza,

    heivos de cantar xemendo:

    ¡Casteláns de Castela,

    tratade ben ós galegos:

    cando van, van como rosas;

    cando vén, vén como negros!”

     Casteláns de Castela

     

    O Rexurdimento é un movemento político alén da conciencia nacional no sentido burgués, é conciencia de clase, como testemuña o Banquete de Conxo (1856), encontro entre obreiros, artesáns e estudantes, onde estes últimos (fillos de familias pudentes) exerceron de camareiros dos demais en acto simbólico en Santiago e que foi apadriñado por personalidades chave do movemento como Aurelio Aguirre ou Eduardo Pondal, e coa máis que probable presenza de Rosalía como comensal. Este acto, quizais desde a perspectiva actual entendido como infantil por simbólico, poñía en xaque a hipocrisía da sociedade do momento e deixaba claras as intencións dun movemento que ía alén da recuperación dun sentimento nacional perdido.

    É neste contexto e coa influencia doutro escritor e político galego como Manuel Murgía, con quen Rosalía casaría en 1858, cando nace esta primeira obra que vai alén do sentimento rexionalista, alén da poesía amorosa, alén da poesía intimista e alén do social, unha obra que crea unha voz colectiva do pobo galego que se fai internacional na loita de clases.

    Tamén cultivou e cultivounos na prosa, no prólogo de A filla do Mar reivindícase “contra a vulgar idea de que a muller só serve para os labores domésticos”; e mentres denuncia o abuso e a situación das mulleres da súa época, debúxanos o mar, a vida mariñeira da Galiza que se perde no fin da terra, en Muxía, en Fisterra.

    Mais como Rosalía era poeta e poetisa, galega e universal, a súa única obra poética en castelán, “En las orillas del Sar”, marcaría o que será referente literario da poesía simbolista de finais do século XIX, influenciando a autores como Gustavo Adolfo Bécquer, traducida ao inglés, francés, alemán, ruso e mesmo xaponés e sendo estudada como elemento chave daquel volskgeist (ou espírito do pobo), que se presentaba como procura insaciábel de comprensión dunha época.

    Mentres a historia a sigan escribindo malvados vencedores, as voces do pobo seguirán resistindo a través da voz do poeta. Grazas, Rosalía

     

    Traducción y corrección: Rebeca González y David Varela Riveira. 

    Autor

    + artículos

    Directora Revista La Comuna

    Estudió Filología Hispánica en la Universidad de Sevilla. Gestora cultural, escritora, poeta y analista internacional en distintos medios escritos o audiovisuales. Autora de la compilación poética “La Generación de la Sangre I” para Editorial Ultramarina Cartonera, a través de la Plataforma de Artistas Chilango-andaluza.

    “Arquitecturas y Mantras” de la Editorial Bucéfalo fue su primer libro de poesía en solitario. A su vez, actualmente colabora en Hispan TV y otros medios internacionales en habla hispana analizando la actualidad política. Miembro de la Asociación Cultural Volver a Marx. Milita en Trabajadoras Andaluzas.

    + artículos

    Colaborador desde Trasancos, Galiza.

    + artículos

    Responsable de Traducción y corrección de textos. Coautora en la sección de Efemérides

    Comunista y animadora sociocultural, ducha en el área de juventud. Escritora, comunicadora, analista y filósofa por afición.

    "Los filósofos no han hecho más que interpretar de diversos modos el mundo, pero de lo que se trata es de transformarlo." Karl Marx.

    "Toda afirmación debe fundarse en hechos y toda crítica debe tener sentido político." Mao Tse Tung.